Son artista plástico e dixital. Realicei os meus estudos en Artes Aplicadas á Escultura na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso de A Coruña e en Conservación e Restauración de Bens Culturais na especialidade de escultura na Escola de Conservación e Restauración de Pontevedra. Complementei a miña formación na Escola de Arte Ramón Falcón de Lugo na que cursei Artes Aplicadas a Madeira e cun Máster en Artes Gráficas Dixitais na Escola Aula Creactiva de Madrid.

Adícome profesionalmente o deseño gráfico baixo o nome de A López Estudio, traballo principalmente con universidades como a USC a UDC ou a UJI, e colaboro en diversos proxectos artísticos como Kaczynski Editions(selo discográfico de música experimental) ou UCV (Universidade Cromática da Virtudes) coa que ademáis formei parte da organización do Festival Artenauta, Festival das Artes da Costa Da Morte, celebrado no 2020 e 2021.

No ámbito artístico a miña obra aborda e hibrida diversos temas como o rural, o dixital, a memoria e a paisaxe prestando especial atención aos procesos e metodoloxías na creación artística. Plantexo a obra artística non como un obxecto único e irrepetible senón como un código aberto visual que como o ADN ten “infinitas” combinacións.

A miñas obras foron presentadas e expostas en:

  • Galeria Solaina, exposición colectiva Eólica ASÍ NON!.
    “Banle#02”.
  • Galeria Metro, exposición colectiva do Poligonal
    colectivo, paisaxe_0.”Balne#01”.
  • Festival Artenauta 20-21, Festival de Arte da Costa da
    Morte.”Nanotitia”no 2020 e ”Man” no 2021.
  • No Clube Financeiro da Coruña, exposición individual
    “Rural_data”.
  • Espazo Gato Verde de Madrid, exposición individual
    “Rural_glitch”.
  • Capela do Pilar de Corcubión, exposición individual
    “O caixón dos calcetíns”.
  • Encontro de Artista Novos(EAN) de 2012, presentando
    “Sinestesia Robótica”.
  • Fórum Metropolitano da Coruña, exposición colectiva de
    Escultura.

Webs: www.dearca.art e www.alopezestudio.com
Mail: contacto@dearca.art