Banle “paisaxes tipográficos”

(2023)

Banle xurde da miña preocupación polas ameazas que asolan as paisaxes galegas. O Monte de Banle de Ameixenda, na Costa da Morte, representa a cadena trófica dunha matogueira galega. Nela habitan lobos, cabalos, corzos, xabaríns, queiroas, abrótegas, aguías, toxos, coellos e moitas máis especies que, en conxunto, forman ecosistemas esenciais que antiguamente eran naturais. Por mor da nosa actividade estes ecosistemas están en perigo. O lume, a deforestación, a eucaliptización, a minería e as poligonais eólicas, ameazan a paisaxe galega.

Banle#06# – Grabado láser sobre MDF, 50x80cm.
Texto de Carmela Santiago: Ventiños, ventiños ventos ventiños da miña terra. Ventiños, ventiños ventos ventiños, voade a présa. Verde monte milenario, de milenaria riqueza, fai brotar da túa alma ouro fino com’ a area. Axuda coa túa forza, oh, xigante da atmosfera, trae aires fríos do norte, ou brisa, mellor espesa. Ceos anubrados quero, cubertos de nubes negras, cicloxéneses, furacáns, temporais e mais tormentas. Ben viría un gran tornado, un refacho de sorpresa, un tifón descamiñado, unha desviada galerna. Mais un hálito é benvido, incluso unha leve airexa, e, se o vendaval amaina, que sopren todos na aldea. Sopran polo bo Fenosa! Sopran pola súa Condesa! Sopran polos seus muíños! Sopran polo ben da empresa.
Banle#03# – Impresión dixital, 57x77cm.
Texto de Antonio Noriega Varela/ AS   FROLIÑAS  D’  OS  TOXOS/ ¡Nin  rosiñas  brancas,  nin  claveles  roxos!/Eu  venero  as  froliñas  d’  os  toxos./D’   os   toxales   as   ténues    froliñas, / que  sorríen,  a  medo,  entr’   espiñas. / Entr’  espiñas   que   o  Ceyo   agasalla/ con   diamánte-las   noites  qu’  orballa./ ¡Oh  d’  o  yerm’  o  preciado  tesouro!:/ as  froliñas   d’  os  toxos  son  d’  ouro./ D’  ouro  vello  son,  mai,  as   froliñas / d’  os  bravos  toxales,  ¡d’  as  devociós   miñas!
Banle#03# – Impresión dixital, 57x77cm.
Texto de Antonio Noriega Varela/ AS   FROLIÑAS  D’  OS  TOXOS/ ¡Nin  rosiñas  brancas,  nin  claveles  roxos!/Eu  venero  as  froliñas  d’  os  toxos./D’   os   toxales   as   ténues    froliñas, / que  sorríen,  a  medo,  entr’   espiñas. / Entr’  espiñas   que   o  Ceyo   agasalla/ con   diamánte-las   noites  qu’  orballa./ ¡Oh  d’  o  yerm’  o  preciado  tesouro!:/ as  froliñas   d’  os  toxos  son  d’  ouro./ D’  ouro  vello  son,  mai,  as   froliñas / d’  os  bravos  toxales,  ¡d’  as  devociós   miñas!

Banle é unha tipografía que transcribe calquera texto e o converte nunha paisaxe. Os seus glifos representan parte da fauna e da flora dunha matogueira e están asignados relacionando a frecuencia de uso de cada letra(en galego) coa densidade da especie que representa. As composicións creadas están conformadas por dúas capas, a visual e a textual e cada paisaxe será distinta según o contido que se introduza.

Banle#01# – Impresión dixital, 50x50cm.
Texto de Carmela Santiago “Cantiga de escarnio”: Das sensacións máis envexadas/ non se pode esquecer o aloumiño/ que o monte ofrece a brazadas/ cando lle rasca ao ceo o cuíño,/ nin os paxaros bailando contentos/ ao ritmo que marcan os ventos/ a mil aspas ben compasadas./ De todos os prodixios a contemplar/ ningún me deixa máis abraiado/ que topar no campo cun exemplar/ de baño completo valado/ nunha fabulosa composición,/ convertida en bodegón,/ brillante como a luz do luar.
Banle#02# – Impresión dixital, 57x77cm.
Texto de Eduardo Pondal, fragmento de “Queixumes dos pinos”: Monte-Branco, Monte-Branco,/ Cando te vexo de longe ,/ Verto a soas triste pranto./ Pois as nosas alegrías,/ Ós dous nos fono fallando; / A tí, das tuas aréas, / Os ventos te despoxáno; / A min, tamen me fallecen,/  Aqueles gustos pasados:/ Tí negréas, y eu teño a cabeza / Chéa de cabelos brancos!.
Monte de Banle, Ameixenda

O obxectivo principal deste proxecto é contribuir a visibilización das problemáticas que os entornos naturais están a sufrir en Galicia. Banle súmase, dende un enfoque complementario, a denuncia que veñen facendo as plataformas para defensa dos montes galegos. Este proxecto procura a sensibilización cara as problemáticas naturais dando unha forma gráfica ó amor e a defensa de estes paraxes.

Banle, polo de agora foi exposto en Galería Metro de Santiago de Compostela na exposición colectiva Paisaxe_0 de Colectivo Poligonal e na Solaina Galería de Lugo na exposición Eólica ASÍ NON!

Banle é unha tipo de uso libre, pódese descargar e facer composicións propias co editor de texto do computador.